Resulta indiscutible a necesidade de hoxe en día de manter o correcto funcionamento dos nosos dispositivos informáticos e de comunicacións tanto no plano empresarial como no plano particular. É por iso que cando se nos presenta un problema de funcionamento en calquera dos nosos dispositivos resulta moi interesante  contar co respaldo dun servizo de asistencia técnica (S.A.T.)  que nos achegue solucións para a resolución deses problemas.

En ATX informática vimos ofrecendo dende o 2002 un servizo técnico informático profesional a domicilio tanto a empresas como a particulares en toda a provincia de A Coruña. Estamos especializados na reparación de ordenadores e portátiles de calquera marca e modelo.

  • Servizo de diagnóstico sen compromiso de reparación para PCs, portátiles, Impresoras, monitores, etc.
  • Instalación e configuración de todo tipo de periféricos (impresoras, cámaras, routers…).
  • Ampliacións e melloras de compoñentes de hardware (memoria RAM, disco duro…).
  • Instalación e/ou mellora de redes cableadas e inalámbircas (WiFi).
  • Informes técnicos para aseguradoras.
  • Instalacións de Sistemas Operativos incluíndo sistemas duais (mezclando Windows, Linux e MAC OS).
  • Virtualización de equipos (PCs e servidores)
  • Soporte para problemas de Software (sistemas operativos e programas)
    • Desinfección de virus, troianos, malware…
    • Reinicios inesperados, actualizacións erróneas, erros de drivers, etc.
  • Reparación de proxectores.
  • Reparacións por control remoto.
  • Reparación de Hardware (Ordenadores e portátiles de calquera marca e modelo) incluíndo a substitución de pantallas, teclados, baterías, bisagras, etc.
  • Implantación de Sistemas de copias de seguridade (En soportes locais e na nube)

É a nosa política a de conceder sempre capital importancia ós datos dos nosos clientes ben sexan particulares ou empresas polo que tomamos tódalas precaucións necesarias para salvagardar os datos antes de arriscarse a calquer tipo de perda de información que poida ocasionarse por un mal funcionamento do soporte de almacenamento.