Comercializamos equipos workstation optimizados para despregar e manipular coa maior eficiencia programas de gran esixencia como os de deseño tanto en 2D como en 3D, renderizados, simulación de enxeñería, diagramas matemáticos, etc.

En constante evolución e actualización combinamos o hardware máis potente para poder ofrecer unha serie de características prácticas para satisfacer tódalas necesidades informáticas de calquera profesional que necesite unha computadora dedicada a unha tarefa co máximo rendemento.

A nosa clave para lograr este obxectivo baséase na combinación do hardware máis indicado en cada caso co obxectivo de obter prestacións moi superiores optimizado para situacións que requiren un alto rendemento e fiabilidade.

O feito de configurar unha workstation por compoñentes, supón o poder elixir cada unha das pezas que o compoñen. Deste xeito, non temos que conformarnos coa configuración que escollese un fabricante en concreto como HP, Lenovo, Acer ou calquera outro, senón que podemos decidir, por exemplo, que memoria RAM, procesador ou capacidade de almacenamento, entre outros, será o que integraremos no conxunto para cumprir coas nosas necesidades de traballo específicas. Deste xeito orientamos a combinación de hardware en función da tarefa específica, ou maioritaria, para a que necesitamos o equipo.