Dende ATX Informática apostamos pola informática móbil como alternativa tanto para o mundo empresarial como para o ámbito persoal.

É indubidable a necesidade cada vez máis presente que temos de levarnos connosco os medios de informática e cloudcomputing ou telemática. Non en balde cada vez é máis común controlar as nosas finanzas, o noso dispositivos, o noso entretemento, etc. dende os nosos dispositivos móbiles (smartphones, tablets).

Nun ámbito máis produtivo a alternativa son os portátiles e convertibles das mellores opcións tecnolóxicas.

Dende hai xa uns anos a tecnoloxía presente nas computadoras portátiles (e máis recentemente nos convertibles e ultraportátiles) suple con fartura calquera necesidade informática achegando a indubidable vantaxe e comodidade da portabilidade.

En ATX Informática traballamos só coas mellores marcas do sector tales como ASUS, Hewlett Packard, Lenovo e Samsung.