O feito de configurar un ordenador por compoñentes, supón o poder elixir cada unha das pezas que o compoñen. Deste xeito, non temos que conformarnos coa configuración que escollese un fabricante en concreto como HP, Lenovo, Acer ou calquera outro, senón que nós mesmos somos os que decidimos que memoria RAM, procesador ou capacidade de almacenamento, entre outros, será o que levará a computadora para cumprir coas nosas necesidades. Desta forma, nós escollemos absolutamente todo no computador, tódolos compoñentes un a un.

Un exemplo das vantaxes deste modelo podería ser algo así como que necesitas unha computadora para navegar pola web, pero en ocasións necesitarás un rendemento maior para o uso de, por exemplo, programas máis esixentes como o Photoshop. Agora ben, a edición de vídeo non está entre os teus plans e, por tanto, a tarxeta gráfica non é o compoñente no que máis deberías gastar, pero quizáis si o procesador. Velaquí a clave, cunha computadora personalizada por compoñentes es ti o que decide que compoñentes son máis potentes e cales menos, adecuando así a computadora ás túas necesidades e intereses. Ademais, tes a posibilidade de escoller a marca de cada peza.

En ATX Informática estaremos encantados de asesorarche neste aspecto non só proporcionándoche un amplo catálogo de compoñentes e fabricantes onde elixir, se non que poñeremos á túa disposición a nosa experiencia para que poidas conformar o teu computador ideal.