Qué é a virtualización e cales son os seus beneficios?

En xeral, cando falamos de virtualización de equipos o que queremos dicir é “dividir” un equipo físico en varios equipos virtuais.

Cada máquina virtual pode interactuar de xeito independente con outros dispositivos, aplicativos, datos e usuarios, coma se tratase dun equipo físico independente.

As diferentes máquinas virtuais poden executar diferentes sistemas operativos e múltiples aplicativos ó mesmo tempo utilizando un só equipo físico.

Este sistema ofrece un mellor aproveitamento das capacidades de procesamento da nosa máquina física e ofrece vantaxes como a de que podese illar cada máquina virtual dos outros equipos virtualizados, polo que en caso de ocorrer un fallo nalgún deles non afectará ás demais máquinas virtuais que seguirán operando de xeito independente.

Cales son as vantaxes da virtualización de equipos?

Existen moitos beneficios na implantación de máquinas virtuais, por exemplo, a virtualización de servidores. Estes son algúns beneficios que brinda esta tecnoloxía:

  1. Diminúe o número de servidores físicos. Isto trae como consecuencia unha redución directa dos custos de mantemento de hardware e consumo enerxético.
  2. Ó ter cada aplicativo dentro do seu propio “servidor virtual” podese evitar que cando un aplicativo falle cause problemas noutros aplicativos ou ben nos permite efectuar cambios e/ou melloras de xeito independente en cada caso.
  3. Podese despregar múltiples sistemas operativos nunha soa plataforma de hardware (como exemplo, Windows Server 2008, Windows Server 2016, Linux, Windows 10, etc.)
  4. O optar pola virtualización de equipos e servidores pode fácilmente mellorar a eficiencia do seu centro de datos e reducir os custos.

A virtualización é, de por si, unha alternativa viable que nos permite seguir empregando programas e/ou sistemas obsoletos en hardware novo e poder seguir así empregar programas que xa non son compatibles cos novos sistemas operativos ou que non é posible a súa reinstalación en un sistema novo por carecer dos medios de instalación necesarios.