A maior porcentaxe de fallos nos equipos informáticos teñen a súa orixe no software, é dicir, nos programas que executa a computadora comezando polo Sistema Operativo (Windows, Apple MAC OS, Linux, etc.) e continuando de todo tipo de aplicativos (procesadores de texto, follas de cálculo, navegadores WEB, etc.).
En multitude de ocasións experimentamos dificultades de funcionamento debido a causas dispares e moi diferentes, por exemplo:
- Windows tarda moito en iniciar e pechar.
- A PC volveuse lenta.
- Moitas xanelas popup (publicidade) ó navegar na internet.
- Non consigo acceder a Internet.
- Non inicia o Sistema Operativo.
- Teño un virus.
- Perdín os meus datos.
- Non funciona o meu certificado dixital.
Dende ATX Informática poñemos a súa disposición toda a nosa experiencia neste ámbito para aportar a mellor solución posible e no peor dos casos procurar a recuperación dos seus datos.