Reparamos ordenadores tanto de sobremesa como portátiles ou convertibles de calquera marca e modelo.

O primeiro paso é sempre a realización dun exame técnico e un orzamento sen compromiso de reparación. Unha correcta avaliación e diagnóstico son os pasos fundamentais para a correcta resolución da incidencia e mesmo tempo da prevención de máis. As veces identificar se o problema é provocado por un fallo de Software ou por un fallo do Hardware é difícil xa que non sempre os síntomas da avaría permiten distinguir claramente a orixe do problema. Se o problema é dun programa xa sexa do Sistema Operativo (Windows, Linux, Android…) ou de un programa como Office, un navegador como o Firefox ou o Chrome, un programa de xestión de correo electrónico… considérase un fallo de Software. Se, pola contra, o problema está en algo físico (teclado, impresora, pantalla, memoria RAM, disco duro, placa base…) considérase un fallo de Hardware. En calquera destes casos podemos ofrecerlle asistencia mediante diferentes medios xa sexa presencial insitu, nas nosas instalacións ou mediante soporte remoto / telefónico.

Para este labor contamos cun equipo humano en constante formación e actualización, que estarán encantados de axudarlle co teu problema.

Algúns dos servizos de reparación que ofrecemos:

  • Reparación de todo tipo de fallos en PCs e portátiles.
    • PCs e portátiles que non inician/encenden, problemas con conpoñentes de hardware (disco duros, gráficas, placas base…) ou simplemente cun rendemento baixo.
  • Cambio de pantalla, teclado, batería, bisagras, etc. de portátiles.
    • Cambiamos pantallas de portátiles, teclados, bisagras de pantalla, carcasas rotas, baterías, placas, discos duros, wifi, bluetooth…
  • Optimización do sistema operativo Windows.
    • Optimización do sitema operativo Windows con baixo rendemento ou danado, actualización de sistema e plugins, etc.
  • Implantación de sistemas operativos múltiples e/ou virtuais.
    • Implantacion de sistemas operativos múltiples como varias versións de Windows ou combinación de Windows/Linux, MacOS/Windows, MacOS/Linux ou MacOS/Windows/Linux.
  • Limpeza de virus e malware en xeral.
    • Limpeza e implantación de prevención contra de todo tipo de software malintencionado spyware (software espía), adware (software publicitario), phishing, virus, troianos, gusanos, rootkits, ransomware e secuestradores do navegador.
  • Ampliacións de hardware tanto en PCs de sobremesa como en portátiles.
    • Ampliación e mellora de hardware en xeral (ampliación de disco duro ou salto a SSD, ampliación de memoria, ampliación de gráfica…)
  • Reparación de Impresoras, multifuncións, ploters…
  • Reparación de periféricos de calquera marca tales como impresoras/multifuncións , ploters, routers, etc.
  • Xestión de reparación dentro de garantía.
    • Xestión de garantías con fabricante e/ou servicio oficial de calquera marca.
  • Reparación de Proxectores
    • Sustitución de lámpadas
    • Resolución de problemas de placa
  • Reparación de móbiles e tablets.