Por qué necesitamos facer copias de seguridade?

Comecemos por enumerar tres dos principais motivos polos que “debéramos” ter un plan de copias de seguridade dos nosos datos:

  • En primeiro lugar, e a razón máis obvia, para previr unha perda de información.

Cómo se pode perder a información aloxada nun dispositivo de almacenamento?

  • Un disco duro, aínda que sexa novo, pódese avariar. Nalgúns casos a información pódese recuperar fácilmente. Noutros casos só é posible mediante técnicas sofisticadas en ambientes controlados de laboratorios especializados e, polo xeral, estes servizos teñen un custo elevado. Tamén existen casos nos que a recuperación non é posible en absoluto. E non, a garantía do fabricante non se fai responsable da perda de datos.
  • Por erro humano, pódese eliminar ou modificar información importante por erro e necesitar, polo tanto, a súa recuperación.
  • Necesidade de recuperar versións antigas de documentos que fosen modificados e que logo cambiamos de opinión ou necesitamos consultar estados anteriores dos arquivos.
  • Acción dun virus informático, como os temibles virus tipo ransomware que cifran tódolos nosos arquivos en cuestión de segundos ou calquera outro tipo de malware en xeral.
  • Calquera outro tipo de sistema, non só un sistema de arquivos ou bases de datos, senón ademais, servidores de correo electrónico, servidores web, etc., requiren dun plan, unha orde na realización, posibles paradas dos servizos, copia de instantáneas de volume, realización de procesos especiais nas bases de datos relacionais, etc., que sen eles, o contido salvagardado non será máis que un conxunto de arquivos totalmente inútiles, información inconsistente e imposible de restaurar.
  • Un incendio ou un roubo.

En segundo lugar por esixencia da Lei Orgánica de Protección de Datos (LOPD), en España, obriga á realización de copias de seguridade cando se trata con datos de carácter persoal (de clientes).

En terceiro lugar, pero non menos importante, en caso de perda, en canto se podería valorar a información? Para iso, á súa vez, é necesario exporñer as seguintes cuestións adicionais:

  • Poderías iniciar de novo a túa actividade nunha localización distinta, en caso dun gran sinistro, se dispuxeses de todos os arquivos que residían no teu almacén de información, o cal foi destruído?
    Se a resposta é si, a vida da túa empresa depende diso.
  • En canto valoras a túa empresa?
    SEvidentemente, non basta únicamente con dispoñer dese backup, tamén é necesario un Plan de Continxencias que dictamine que facer con esas copias de seguridade, que recursos, cada canto tempo, como, etc.
  • En canto se podería valorar o tempo dos teus empregados?
    Se se eliminan por erro os datos de contabilidade ou de facturación introducidos ata ese momento, Canto custa iso? Ou se se corrompe a información dun proxecto, por mor dun virus, no que un equipo humano leva traballando 200 horas, en canto se podería valorar? Non hai máis que multiplicar e ir sumando para facer o cálculo.

Non só debemos considerar unha valoración económica. E se o que se perde é información de clientes, ou que a súa perda incida dalgunha forma nos seus intereses, En canto poderías valorar a imaxe da túa empresa?

O caso máis grave que podería existir é, se ademais, temos penalizacións económicas que cuantificar para clientes, ou ben, responsabilidades legais, como multas por incumprimento da LOPD.

O principal activo dunha empresa é a súa información.