Reparamos teléfonos móbiles e tablets de calquera marca

Ofrecemos un servizo completo de reparación de móbiles e tablets. Contamos cun completo laboratorio de reparación. Traballamos con repostos das primeiras marcas (Samsung, Sony, LG, Apple, HTC, Wiko, ZTE…) tanto orixinais como compatibles. Ofrecemos servizos de reparación de smartphones ou tablets a empresas e particulares de xeito rápido e sinxelo.

Pasos a dar tras recepcionar un teléfono ou Tablet avariado no noso taller:

  1. Detectar a avaría que o cliente nos indicou e detectar outras posibles fallas.
  2. Antes de desmontar un dispositivo descártase que non sexa un fallo de configuración, por exemplo datos móbiles desactivados, volume en posición de silencio, etc.
  3. Revisión xeral do dispositivo, comprobando sensores de humidade, golpes, conector de carga, botóns, etc.
  4. Se presenta un fallo de aceso, o primeiro será comprobar con outra batería ou cunha fonte de alimentación de laboratorio. Se o Smartphone/Tablet non acende pero ten consumo saberemos se é un problema de Hardware ou de Software.
  5. Desmontar o equipo e determinar o seu estado dun xeito xeral: Comprobar se foi manipulado, comprobar se falta, está roto ou ten desconectado algún compoñente.
  6. Sustituír por un novo o compoñente avariado ou ben roto e facer unha proba para verificar o seu correcto funcionamento.
  7. Se o dispositivo funciona correctamente, pasamos a revisar as demais opcións importantes do equipo como: audio, teclado, display, carga, botóns, cobertura, etc. para confirmar que todo funciona ben.
  8. Montamos de novo o dispositivo, limparémolo e deixarémolo cargando ata completar a carga de batería para verificar que carga correctamente.
  9. Chamamos ó cliente para que pase a recollelo