Coñecemos as necesidades de asistencia técnica informática que require unha PEME e temos as solucións precisas para que a produtividade do seu negocio se manteña en perfecto estado e rendemento. Abarcamos dende as necesidades máis sinxelas dun pequeno negocio ata ás máis esixentes de empresas de tamaño medio.
Poñemos en funcionamento a súa empresa dende cero segundo o seu modelo de negocio.
Asesoramos, realizando auditorias para poder realizar melloras no seu sistema e repercutir nun maior rendemento e produtividade.
Ofrecemos servizos de mantemento informático preventivo, dado que a mellor solución ás incidencias informáticas é a prevención e o asesoramento continuado segundo as súas necesidades en cada momento.
ATX Informática ofrece un servizo de mantemento informático orientado á PEME, destinado a que o traballo na súa empresa, a nivel informático, sexa produtivo e eficaz, e non se vexa limitado ou interrompido por erros nos sistema informáticos.
- Auditamos os seus sistemas, para poder realizar un estudo de mellora e optimización das súas necesidades, aproveitar a infraestrutura existente e, se procede, mellorala.
- Reparación e optimización do Sistema Operativo Windows.
- Solucións ás incidencias que se produzan no día a día.
- Funcionalidade, que o seu sistema informático funcione a pleno rendemento, aconsellando o mellor xeito de aproveitar os recursos existentes ou á hora de adquirilos asesorar sobre os máis adecuados ás súas necesidades.
- Implantación e automatización de sistemas de copias de seguridade.
- Asesoramos e implantamos sistemas de seguridade en contornas corporativas.
- Asistencia técnica nas nosas instalacións, in situ ou mediante conexións de remotas.
- Contratación e xestión de Dominios.
- Rexistro de dominios: Primeiro paso para ter presenza na web.
- Xestión de DNS: Panel de control para a xestión dos rexistros DNS do seu sitio web.
- Auto-Renovación: Renovación automática, para que non teña que preocuparse.
- Servizo de Aloxamento: Sen necesidade de coñecementos sobre servidores nin servizos WEB proporcionamos servizos de Aloxamento compartido xestionando tódolos recursos, dominios, webs e correos, dende un único panel de control.