Ofrecemos un servizo de mantemento informático especialmente pensado para centros educativos. Este servizo de mantemento é tanto preventivo como resolutivo e está especialmente orientado ás necesidades dos centros educativos tanto de primaria como de secundaria.

Dende a nosa organización vimos dando apoio técnico programado e/ou puntual ás necesidades específicas de colexios e institutos dende o ano 2002. É por iso que esta experiencia outórganos unha especial sensibilidade ás necesidades específicas en informática tendo en conta as limitacións orzamentarias propias destes casos.

Entre as nosas propostas específicas para centros educativos están as de mantemento xeral (tanto preventivo como resolutivo) de equipos e redes do centro, montaxe e/ou mantemento de sistemas de audio/vídeo nas aulas (como proxectores, pantallas interactivas, sistemas de audio, etc.), control de actividades dos alumnos centralizada no PC do profesor/a, mellora do sistema de seguridade dos equipos tanto de docencia como de administración, subministración de consumibles, licenzas de software para educación, asesoramento técnico e, en definitiva, calquera resolución da problemática na informática do centro.